Sara e Emilio deciden facer unha granxa de cascudas! e non se lles ocorre mellor idea que levar a caixa onde as gardan ao colexio. E que credes de fan estes inquietos animaliños? Pois saír explorar todo o que pillan ao seu paso: as pernas da inspectora, o chan do patio... É unha invasión! Ao final, coma sempre, ninguén sabe ben que pasou, pero, iso si...: recoñocen que se divertiron moitísimo!